InicioMedioambiente e PatrimonioDocumentan outras dúas mámoas en Becerreá e Navia de Suarna

Documentan outras dúas mámoas en Becerreá e Navia de Suarna

O colectivo Patrimonio dos Ancares valeuse de documentación antiga e de información recollida entre os veciños para a súa identificación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O colectivo Patrimonio dos Ancares vén de documentar dúas novas mámoas nos concellos de Becerreá e Navia de Suarna, unha delas grazas á información procedente de documentación antiga.

A primeira das mámoas foi localizada na Pena da Leira, na parroquia becerrega de Ferreirós de Valboa. Atópase a 850 metros de altitude, a carón do antigo camiño que comunicaba as aldeas de A Fonte do Lobo e Guillén. Coincide, entón, cunha referencia que figura nos Interrogatorios do Catastro de Ensenada celebrados o día 5 de outubro de 1752, onde se fala da Medorra da Pedra da Leira como marco divisorio entre as citadas parroquias.

Segundo os datos de Patrimonio dos Ancares, trátase dun túmulo de 17 metros de diámetro e 1,5 metros de altura. Está parcialmente cuberto de xestas e, nun dos lados, pódense ver unhas rodeiras de tractor. Espalladas pola mámoa vense pequenas pedras de lousa que, segundo explican, puideron formar parte da coiraza que a recubría.

NAVIA DE SUARNA

A segunda mámoa foi documentada no Monte do Igrexario, na parroquia de Galegos, concello de Navia de Suarna, a unha altitude de 675 metros. Neste caso, ten uns 19 metros de diámetro e 1,30 metros de altura e está atravesado por dúas gabias pouco profundas, produto dunha recente plantación de pinos.

No centro apréciase un cráter de violación, moi colmatado, cun diámetro aproximado de 1,5 metros. Nas inmediacións do túmulo atópanse tres pedras, a maior de 1,25 metros de longo, que, por información recollida dun veciño, formaban parte da cámara funeraria.

Os achados xa foron comunicados á Xunta de Galicia para que procedan á súa catalogación.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...