InicioMedioambiente e PatrimonioA rehabilitación da Casa da Torre da Tinería estará concluída a mediados...

A rehabilitación da Casa da Torre da Tinería estará concluída a mediados de 2021

PUBLICADA O

- Advertisement -

A rehabilitación da Casa da Torre, anexa á Muralla de Lugo e que será convertida nun espazo de usos múltiples centrado no sector da hostalaría e o turismo, estará concluída a mediados do ano 2021 tras un investimento de 600.000 euros.

Anunciouno o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PP Ramón Carballo na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, celebrada este venres.

A actuación, que forma parte da rehabilitación do barrio da Tinería da capital luguesa, será adxudicada este mes de novembro para comezar unhas obras cun prazo de execución de 8 meses, polo que o IGVS prevé que os traballos no inmoble estean concluídos a mediados do próximo ano.

Esta obra está ligada tamén ao proceso de recuperación do Pazo de Dona Urraca, tamén na Tinería, un barrio no que se acometerán actuacións cun investimento global de 30 millóns de euros para a construción de máis de 100 vivendas, oficinas e outros servizos.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...