InicioSociedadeA 'febre do feldespato' ou o novo proxecto mineiro que pode ameazar...

A ‘febre do feldespato’ ou o novo proxecto mineiro que pode ameazar a paisaxe de Muras

A empresa Urbas comprou recentemente uns terreos neste concello da Terra Chá. A intención é abrir unha explotación mineira a ceo aberto. Desde o Concello falan de conversas cos propietarios das fincas, mais de momento din que non hai plan algún de extracción polo momento. Movementos ambientalistas apuntan á política de “Galicia é unha mina” fomentada desde a Xunta de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa Urbas Capital Financiero, centrada sobre todo en mercados inmobiliarios, mercou en Muras uns terreos onde, segundo os seus cálculos, existen reservas de feldespato por valor de 600 millóns de euros. Nun primeiro momento as extraccións de mineral serían de 150.000 toneladas por ano, con ampliación ao medio millón de toneladas tamén por ano. Aínda que de momento nin a empresa nin o Concello falan de datas para o comezo da actividade, un e-mail enviado a Galicia Confidencial asegura que a actividade podería comezar “a finais de 2020 ou comezos de 2021”.

SEN NOTICIAS DE APERTURA

“É certo que os novos propietarios viñeron falar con nós mais non presentaron ningunha solicitude de actividade por parte da empresa”, di Manuel Requeijo, alcalde de Muras. Requeijo considera que ata o de agora o único que se ve son “operacións de márketing” por parte de Urbas. “De momento, nós aquí non temos ningún documento”, insiste o alcalde.

A noticia ademais, chega nun momento en que Muras ten visto diminuir  a súa poboación drasticamente durante as últimas catro décadas. Desde a década dos 80, este concello ten perdido máis da metade do seu padrón municipal. Por tanto, a apertura dunha explotación como a de feldespato na parroquia de Silán, podería darlle a volta a unha tendencia de despoboamento que aínda segue. Outra cuestión engadida é a afectación ao medio ambiente coa apertura da explotación de Silán.

“Sabemos que a actividade se desenvolvería sobre os terreos adquiridos, non temos constancia de novas compras de parcelas”, sinala Requeijo en referencia a posibles efectos mediambientais no entorno dos terreos. Preguntado sobre o valor ecolóxico da zona, o alcalde de Muras sinala que “sobre esas propiedades descoñezo o seu valor, aínda que estando arredor da Serra do Xistral, entendo que si”.

ECONOMÍA E RESPECTO AO MEDIO

A zona onde está o xacemento de feldespato é un lugar de terreos abandonados “aínda que é certo que hai xente en núcleos ao redor”, di o alcalde de Muras. “Si que é certo que pode ter un uso gandeiro, mais tamén é lícito que os propietarios actuais podan explotar un produto como é o feldespato”. A isto Manuel Requeijo engade que “o rural leva anos despoboándose e a isto súmaselle falta de investimento, por iso cremos que calquera iniciativa económica en Muras é benvida”.

Os investimentos máis elevados ata o momento foron os parques eólicos “que non repercutían directamente sobre a poboación local e se agora si repercute, é grazas á administración local”, di Requeijo. O mesmo espera da explotación mineira “que haxa un punto de equilibrio entre a explotación e o respecto ao medio natural”, pois segundo o alcalde, Muras ten un grande potencial ecolóxico e ao mesmo tempo “tamén entendo que propietarios privados queiran explotar unhas propiedades e que repercutirán sobre a veciñanza” sendo observadores sobre o medio.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Denunciado por cuadriplicar a taxa máxima de alcoholemia e ter un accidente en Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou por un delito contra a seguridade viaria a un condutor,...

Dous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Monterroso

Dous menores e a súa nai tiveron que ser evacuadas na madrugada deste venres...

Brendan Shine, un inglés do Corgo que presenta o seu primeiro libro

Brendan Shine é un músico, cantante e deportista que leva anos asentado no Corgo...

Enagás volverá presentar o hidroducto a Guitiriz a axudas europeas

Enagás reitera que o hidroducto Guitiriz-Zamora, que quedou fóra da lista de proxectos de interese...