A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo finalizou este luns as tarefas de limpeza da Catedral lucense, un edificio catalogado como Patrimonio da Humanidade e Ben de Interese Cultural e que hai uns días foi obxecto de varias pintadas.
Para proceder á limpeza, a empresa encargada dos labores utilizou produtos químicos especiais que non causan danos á superficie afectada.
O edil Alvaro Santos fixo un chamamento “ao civismo dos veciños de Lugo”, lembrando que este acto vandálico ten “un custo para todos”. Ademais, lembrou que o Código Penal castiga aos que derruben ou alteren gravemente edificios singularmente protexidos.