InicioMedioambiente e PatrimonioEmilio Ramil: "Non é casual que nos castros do litoral que escavamos...

Emilio Ramil: “Non é casual que nos castros do litoral que escavamos aparezan saunas”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O arqueólogo Emilio Ramil escavou tres das seis saunas castrexas que hai en Galicia, as de Cedeira (en Punta Sarridal) e Espasante (no castro dos Prados), e a da Atalaia, en San Cibrao, sobre a que pende a dúbida, concreta, posto que a cata realizada foi parcial, dentro dun control arqueolóxico das obras de saneamento que se estaban a executar. O pasado venres, no marco dunhas xornadas de divulgación organizadas polo Museo Provincial de Lugo, dependente da Deputación, abordou estas tres construcións.

Ramil destaca que “aimportancia das saunas é que transforma un tanto a visión tradicional de que os avances, sobre todo culturais, viñeron co mundo romano e con influencias exteriores, sexan mediterráneas ou atlánticas. “As saunas fannos ver que a poboación autóctona tiña unha forma de vida moito máis avanzada do que nos facían ver”, apunta.

“Había saunas de vapor, probablemente menos complexas que a construción de monumento con forno que coñecemos agora, porque en Cedeira estamos comprobando que había un forno cunha cámara de vaporización. Logo esas construcións fóronse complementando, con engadidos como a zona de alimentación ou de traballo, ou a antecámara con banco corrido, pero inicialmente había un sistema de baños que formaba parte da cultura castrexa. Eso é importante, porque pensábase que había un tipo de arquitectura, dunha fase inicial dos castros, que apenas comprendía as casas, estruturas domésticas; cabanas circulares con empedrados e pouco máis. Agora sabemos que non. Había saunas, había edificios de reunión social… O mundo dos castros era máis organizado, estruturado e complexo do que se cría“, suliña nesta entrevista en Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...