InicioMedioambiente e PatrimonioA Deputación colabora na organización dunha recollida de residuos en Terras do...

A Deputación colabora na organización dunha recollida de residuos en Terras do Miño

Para manter o protocolo de seguridade de prevención da covid-19, o número máximo de participantes limítase a 18 persoas, que disporán dun seguro de voluntariado e equipos de protección individual.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo colabora no voluntariado ambiental xunto con outros colectivos ecoloxistas na organización dunha actividade de recollida de residuos e dun taller didáctico de pegadas e rastros de basuraleza en contornas naturais como a Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Esta actividade de sensibilización ambiental terá lugar no parque da Tolda de Lugo este xoves, das 16,00 ás 20,00 horas, da man da Asociación Corripa, dentro do Proxecto Libera de SÉ/BirdLife, en alianza con Ecoembes e do novo movemento cidadán Coidemos Lugo.

Para manter o protocolo de seguridade de prevención da covid-19, o número máximo de participantes limítase a 18 persoas, que disporán dun seguro de voluntariado e equipos de protección individual.

ÚLTIMAS

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...

A Fiscalía pide 20 anos de prisión para un home acusado de violar dúas veces a unha muller en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá os días 3 e 4 de xullo o...

Os senadores do PP por Lugo reclaman explicacións ao Goberno central polo rexeitamento de axudas ao proxecto de Altri

Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato...