InicioMedioambiente e PatrimonioInvestigan a autoría de catro lazos colocados nun monte de Baleira para...

Investigan a autoría de catro lazos colocados nun monte de Baleira para apresar xabaríns

As trampas foron localizadas en Cabreira, parroquia de Cubilledo, e estaban situadas nos lindes dunha leira para impedir o acceso dos animais salvaxes e os danos que provocan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil retirou este mércores en Baleira catro lazos colocados para impedir o acceso dos xabaríns ao interior das leiras e así evitar os danos que provocan nas mesmas. Estaban situados nos límites duns prados no monte de Cabreira, parroquia de Cubilledo.

Segundo informou o Instituto Armado, os lazos, de catro milímetros, “atopábanse estratexicamente colocados” nas entradas por onde supostamente acceden os animais salvaxes. Os lugares onde estaban as trampas “foron acondicionados manualmente” e podíase observar que estas levaban sendo usadas “desde hai tempo”, posto que tiñan algunhas partes “oxidadas”.

Por mor da investigación efectuada propúxose para sanción o presunto autor e propietario destes lazos, o cal se enfronta a unha infracción administrativa á Lei de caza de Galicia e á Lei de Patrimonio natural e Biodiversidade que regula os métodos non selectivos para a caza.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...