InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo acusa á Xunta de non saber onde se...

O Concello de Lugo acusa á Xunta de non saber onde se atopan miles de pezas romanas

A alcaldesa denuncia que os bens están "dispersos" nunha ducia de instalacións e critica á Xunta por non ter "un inventario actualizado" sobre o patrimonio romano.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo criticou que a Xunta “careza dun inventario actualizado” sobre o patrimonio romano e asegurou que custodia case 15.000 pezas arqueolóxicas propiedade da Administración autonómica.

Así o censurou nun comunicado remitido aos medios, no que explica que estas 15.000 pezas representan “só unha parte dos miles” que “están dispersas” nunha ducia de dependencias non só da administración local, tamén da Deputación, da Xunta e mesmo en domicilios privados de arqueólogos.

“A realidade é que, nestes momentos, resulta imposible cuantificar o abundante patrimonio romano do que dispomos porque a Xunta carece dun rexistro actualizado”, asegurou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que mostrou publicamente parte das coleccións arqueolóxicas que alberga o Vello Cárcere para constatar a necesidade de reunificarlas nun mesmo enclave.

1.200 PEZAS NO CONCELLO

A rexedora relatou que desde o ano 1986 e ata aproximadamente 1993, o Concello foi depositario dun conxunto de materiais arqueolóxicos procedentes das escavacións realizadas na cidade, que actualmente se atopan distribuídas en diferentes centros.

“Só neste inmoble temos ao redor de 1.200 caixas con miles de pezas diversas como cerámica, bronces, vidros, moedas, etc.”, asegurou a alcaldesa, que subliñou que se trata de miles de “vestixios romanos” que están repartidos en multitude de centros e tamén en vivendas privadas.

Por iso, subliñou que, para a súa posta en valor, estas pezas necesitan ser sometidas a un “inventario rigoroso” e, a continuación, ser situadas nun lugar de “referencia” para o seu estudo e exposición. “E ningún continente mellor que o propio Cuartel de San Fernando situado no Centro histórico e, por tanto, na mesma cidade romana, sobre o que ademais dun compromiso para convertelo en Museo da Romanización realizouse xa un investimento ao tres millóns de euros”, apuntou.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...