InicioMedioambiente e PatrimonioAncares e Courel, un novo xeito de facer turismo científico

Ancares e Courel, un novo xeito de facer turismo científico

Crearanse 5 itinerarios temáticos diferentes sobre Xeoloxía, Botánica, Ecoloxía, Zooloxía e Arqueoloxía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As Montañas dos Ancares e Courel como destino de turismo científico. Ese é o obxectivo da Deputación de Lugo xunto coa entidade Observer Science Tourism. Por iso, e para percorrer e coñecer os recursos científicos, naturais, culturais máis relevantes deste territorio publicarase, proximamente, unha nova Guía de Turismo Científico en formato dixital cunha selección de 50 puntos de interese nas Montañas de Ancares e Courel.

Tamén se crearán 5 itinerarios temáticos diferentes sobre Xeoloxía, Botánica, Ecoloxía, Zooloxía e Arqueoloxía que estarán sinalados no terreo con paneis explicativos e cunha sinalización con códigos QR e NFC (Tecnoloxía sen fíos de curto alcance) que permitirá aos visitantes obter información a través do móbil. Toda esta información estará dispoñible nunha web e poderá descargarse de forma sinxela a través dunha APP.

Ademais, estes roteiros integraranse nun proxecto de Ciencia cidadá que serán tamén publicados noutras dúas plataformas especializadas en achegar a ciencia, biodiversidade e os espazos naturais á cidadanía como biodiversidade.eu

XORNADA CIENTÍFICA

Tamén no marco deste proxecto para crear un ecosistema integrado de turismo científico iniciado no 2011, o vindeiro 6 de xullo, celebrarase a I Xornada de Turismo Científico, aberta ao público en xeral, e que inclúe tamén un obradoiro de creatividade e modelos de negocio para dinamizar proxectos empresariais turísticos nestes espazos naturais.  A inscrición neste encontro está aberta en: cursos.deputacionlugo.org/turismo2

Ademais, coa finalidade de contar cun grupo de profesionais que aporten información relevante para deseñar novas medidas que promovan unha rede de turismo científico nestes espazos naturais da provincia crearase tamén un grupo de traballo formado por profesionais, institucións e colectivos que traballen en proxectos ligados ao turismo científico. Reunirase en dúas ocasións, a primeira será o 6 de xullo e coincidirá coa celebración da I Xornada de Turismo Científico que terá lugar en Seoane do Courel.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...