A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo acordou suspender por falta de conformidade o xuízo que se ía a celebrar contra un veciño de Rábade de 41 anos acusado do homicidio dun irmán que padecía unha discapacidade do 65 por cento.
A punto estivo de alcanzarse un acordo de conformidade, entre a Fiscalía e a defensa que se abortou no último momento, polo que se acordou a suspensión do xuízo “por falta de conformidade” e á espera de que sinale día.
A Fiscalía pide 10 anos de prisión para este home e en canto á responsabilidade civil requírese unha indemnización de 21.000 euros para outro irmán.
Segundo o escrito da acusación pública, sobre as 13,45 horas do 23 de novembro de 2019, o procesado “apertou o pescozo” do seu irmán no domicilio que ambos compartían ata causarlle a morte por “asfixia mecánica por comprensión”.
A vítima padecía unha discapacidade do 65 por cento e estaba inhabilitado por sentenza xudicial de data 23 de xaneiro de 2019, “nomeándose como titor á Funga”.