InicioDeportesPortomarín celebra esta fin de semana o Trofeo Xacobeo de Vela

Portomarín celebra esta fin de semana o Trofeo Xacobeo de Vela

Na proba, parte do calendario oficial da Federación Galega de Vela, participan un total de 40 barcos nas diferentes categorías, con 55 tripulantes e representantes de Galicia e Portugal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Presidente do Club Náutico Xacobeo Portomarín, José Miguel Rodríguez Pérez, e o Tesoureiro do club, Pablo González López, presentaron este xoves nos xardíns do Pazo de San Marcos a XV Edición do Trofeo Xacobeo ‘Vila de Portomarín’ de vela, que se celebra esta fin de semana. O Executivo Provincial realiza unha achega de 1.500 euros para promover esta cita lúdico-deportiva co fin de promover este evento, sendo a unica administración, xunto co Concello, na promoción desta proba.

Vidal Baamonde explicou que nesta XV Edición «que se celebra esta mesma fin de semana, participan un total de 40 barcos nas diferentes categorías, con 55 tripulantes. O sábado, día 26, disputaranse 3 mangas e o domingo unha última manga, sempre e cando o tempo o permita e se cumpran as condicións meteorolóxicas. A entrega de trofeos será o domingo, día 27, a partir das 2 da tarde no Club Náutico».

O Deputado sinalou ademais «que esta proba está enmarcada dentro do calendario oficial da Federación Galega de Vela, no que participan representantes de Galicia e de Portugal nas categorías de Laser e Snipe, como novidade este ano participan as de clase Europa. A competición parte dende o Club Náutico de Portomarín, ao seu paso polo río Miño».

Os representantes do C.N. Xacobeo Portomarín agradeceron a implicación da Deputación ao longo destes anos na promoción deste trofeo de vela. «Con esta edición celebramos xa 15 anos, é un motivo de orgullo e de ledicia comprobar que cada ano medramos máis, e contribuímos a facer medrar o noso Concello, e ao mesmo tempo a promocionar o mundo da vela na provincia».

ÚLTIMAS

Besteiro sobre a pintada con insultos na sede socialista en Lugo: “Non imos permanecer indiferentes”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, alertou este martes da "polarización...

O San Froilán 2025 presenta o seu cartel oficial con Iván Mouronte

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto ao...

Luz verde da Xunta á ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo

A Xunta deu luz verde este martes á "declaración de incidencia ambiental de actividade" para un...

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...