InicioLugo e contornaOuteiro de ReiOuteiro de Rei presentará alegacións á liña de alta tensión Cordal-Ousá tras...

Outeiro de Rei presentará alegacións á liña de alta tensión Cordal-Ousá tras a solicitude do PSdeG

Piden o soterramento da liña como xa se fixo en Castroverde

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Outeiro de Rei logrou que o Concello presente alegacións ao proxecto da liña de Alta Tensión Cordal-Ousá ao seu paso polo municipio, tras as reclamacións da veciñanza afectada e a iniciativa das socialistas de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario para garantir que o Goberno municipal actuase antes do remate do prazo administrativo.

Segundo informou o Goberno municipal ao PSdeG na xornada de onte, a decisión adoptouse en Xunta de Goberno ao día seguinte de que as socialistas rexistrasen a solicitude de pleno extraordinario. O Grupo Municipal considera que este paso responde tanto á mobilización da veciñanza como á iniciativa do PSdeG para que o Concello asumise a súa responsabilidade ante un proxecto que, segundo advirten, “ten un impacto directo sobre o territorio, ás vivendas e ás explotacións agrarias de Outeiro de Rei”.

 A voceira socialista, María del Carmen Acacio, subliña que “é unha boa noticia para Outeiro de Rei. Celebramos que o Concello actúe en defensa da veciñanza ante unha infraestrutura que ten un impacto evidente no noso municipio”, e lembra que as persoas afectadas levan semanas reclamando unha alternativa máis respectuosa, como o soterramento da liña ao seu paso por Outeiro de Rei.

 O PSdeG insiste en que esta alternativa debe ser estudada con rigor, tal e como xa aconteceu noutros concellos da contorna. “En Castroverde soterráronse varios quilómetros desta mesma infraestrutura e non hai razón para que Outeiro de Rei reciba un trato diferente”, sinalan.

 A formación socialista asegura que continuará facendo seguimento deste procedemento e esixindo transparencia e firmeza ao Goberno municipal na defensa dos intereses da veciñanza. “Non imos permitir que se adopten decisións que condicionarán o noso territorio durante anos sen esgotar todas as alternativas posibles”, concluíu Acacio.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...