InicioLugo e contornaOs máis de 60 traballadores de Tegestación acumulan xa dúas nóminas sen...

Os máis de 60 traballadores de Tegestación acumulan xa dúas nóminas sen cobrar

A CIG alerta da situación "crítica" que atravesan os traballadores da empresa láctea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A empresa láctea Tegestacín, que se empraza nas instalacións do antigo Leite Pascual do Concello de Outeiro de Rei, debe xa dúas nóminas aos seus 64 traballadores. Así o denunciou este luns o responsable da Federación de Alimentación da CIG, Cristián López, quen alertou da situación “crítica” para os traballadores da compañía.

“É unha situación crítica en canto ao pago dos salarios porque xa se acumulan dous meses para o persoal”, engadiu López, que concretou que a falta de pagamentos corresponden ás nóminas de decembro e xaneiro. “Non acabamos de entender a razón de porque a empresa segue sen mover ficha. Co período de consultas do ERE finalizado non entendemos moi ben o que fai a dirección”, afeou.

López revelou que teñen “algunha noticia” de que a compañía láctea “está a tentar facer algunha xestión tendente a poder manter algunha actividade na factoría, despois de dúas semanas de paro total”.

O sindicalista da CIG insistiu en que lles consta que “as intencións da empresa é dar as pinceladas suficientes para manter unha actividade mínima”. Tanto é así que, di, “calquera intento de manter actividade supón o pago por adiantado aos provedores”, algo que lle “sorprende” por ter a “todo o persoal pendente de pago”. “Esta orde de prioridades, desde logo, non é compartido”, concluíu o secretario da Federación de Alimentación da CIG, Cristián López.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...