InicioMedioambiente e PatrimonioNovo pavimento experimental na Rúa do Moucho tras a rehabilitación do tramo...

Novo pavimento experimental na Rúa do Moucho tras a rehabilitación do tramo caído da Muralla este inverno

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns a zona coincidindo coa retirada dos valos e da pasarela provisional que permitiu manter o tránsito peonil mentres fraguaba o novo material colocado sobre o adarve.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta reabriu ao paso o tramo do adarve da Muralla de Lugo situado á altura da rúa do Moucho tras completar as obras de rehabilitación executadas despois do derrube rexistrado o pasado mes de febreiro por mor dos temporais de inverno.

A actuación incorpora, ademais, un novo pavimento experimental cuxo comportamento será avaliado durante os próximos meses para comprobar a súa resistencia, funcionalidade e idoneidade para futuras intervencións no monumento.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns a zona coincidindo coa retirada dos valos e da pasarela provisional que permitiu manter o tránsito peonil mentres fraguaba o novo material colocado sobre o adarve.

A intervención permitiu recuperar en tempo marca o tramo afectado polo esborralle do paramento interior da Muralla, unha actuación que supuxo un investimento próximo aos 200.000 euros e que quedou finalizada en aproximadamente un mes. Aproveitando estes traballos, a Consellería de Cultura decidiu ampliar tamén as probas técnicas que xa viñan desenvolvendo noutros puntos do monumento, concretamente nas inmediacións do cubo XVIII e da Porta Miñá.

CAPA IMPERMEABLE

Segundo explicou Villares, un dos principais problemas de conservación da Muralla son as filtracións de humidade, responsables en gran medida da deterioración estrutural de determinadas zonas do monumento. Por iso, o novo pavimento incorpora unha capa impermeable destinada a minimizar a entrada de auga e mellorar a protección do conxunto histórico.

No entanto, a Xunta quere comprobar tamén outros aspectos antes de estender este tipo de solucións ao resto do adarve, especialmente o seu comportamento fronte ao uso diario da cidadanía e a súa integración coas características patrimoniais da Muralla, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Na actualidade, están a ensaiarse catro tipos diferentes de acabados superficiais inspirados en técnicas construtivas de época romana. Os materiais utilizados combinan area, cal e fragmentos de lousa ou arxila, reproducindo sistemas tradicionais empregados historicamente neste tipo de construcións.

A nova superficie instalada no tramo da rúa do Moucho ocupa algo máis de dez metros de lonxitude e toda a anchura do paseo de rolda, cubrindo aproximadamente seis metros cúbicos de superficie. A mestura utilizada parte dunha das fórmulas aplicadas previamente xunto á Porta Miñá, aínda que incorpora unha maior proporción de tella triturada en pequenos fragmentos.

PLAN DE CONSERVACIÓN

A actuación forma parte do Plan de Conservación e Xestión da Muralla impulsado pola Xunta, que prevé mobilizar ao redor dun millón de euros durante o bienio 2026-2027 para executar distintas actuacións de restauración, mantemento e mellora no monumento romano.

Desde a administración autonómica destacan que estas probas permitirán avanzar cara a solucións máis eficaces para a conservación do principal símbolo patrimonial de Lugo, compatibilizando a preservación histórica co uso público diario da Muralla.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...