InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo prepara a reunión da Mesa de Comercio despois...

O Concello de Lugo prepara a reunión da Mesa de Comercio despois de cinco anos sen sesións

O obxectivo é reforzar a colaboración co sector comercial e avanzar na protección dos consumidores co compromiso de "manter no tempo esta plataforma", segundo indicou a propia alcaldesa, Elena Candia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde este luns á constitución da Mesa de Comercio, un órgano consultivo e de coordinación que non celebraba sesións desde novembro de 2021 e que se reunirá o próximo 9 de xuño.

Trátase dun dos puntos do decálogo de medidas presentado pola alcaldesa, Elena Candia, na súa toma de posesión. Deste xeito, o executivo municipal convocará a primeira sesión constitutiva o próximo 9 de xuño coa participación da Federación de Comercio, a Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Lugo Monumental, FACUA e representantes do tres grupos municipais.

O obxectivo é reforzar a colaboración co sector comercial e avanzar na protección dos consumidores co compromiso de “manter no tempo esta plataforma”, segundo indicou a propia alcaldesa, Elena Candia.

“O obxectivo desta plataforma é ofrecer solucións para as problemáticas que nos trasladan, utilizando medidas concretas”, indicou.

No ámbito urbanístico, a xunta de goberno aprobou unha bonificación fiscal vinculada á rehabilitación integral dun inmoble situado na rúa da Cruz, no centro histórico da cidade. A actuación permitiu recuperar un edificio destinado a catro vivendas e un local comercial dentro do ámbito do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI).

O acordo contempla unha bonificación do 50% no ICIO e na taxa urbanística, así como a devolución de 7.831,83 euros ao promotor máis os intereses correspondentes.

A sesión serviu tamén para adxudicar a concesión da cafetaría do Miradoiro do Parque Rosalía de Castro. O contrato foi concedido a Aigor Romo Rodríguez por un canon mensual de 1.650 euros, o que suporá uns ingresos anuais de 19.800 euros para as arcas municipais. A concesión terá unha duración inicial de dous anos, prorrogable ata un máximo de dez.

TRABALLOS DE MELLORA DO PARKING DO HULA

Por outra banda, o Concello iniciou este luns os traballos de mellora do aparcadoiro provisional do HULA, coñecido como Leirapárking, co obxectivo de reforzar a seguridade e a comodidade das persoas usuarias deste espazo.

A alcaldesa e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio Ameijide, visitaron o inicio dos traballos e explicaron que esta actuación permitirá acondicionar o terreo de forma provisional mentres se avanza nunha solución definitiva para resolver de maneira estable os problemas do aparcadoiro.

O obxectivo que persegue o novo equipo de goberno é buscar un pavimento que resista o continuo paso de vehículos e as inclemencias do tempo para poder manterse en bo estado de forma prolongada.

Noutra orde de cousas, Elena Candia presidiu a constitución do novo Comité de Dirección do PAI Novo Norte, o órgano encargado de coordinar os proxectos financiados con fondos europeos. Durante a reunión analizouse o estado actual das actuacións e fixáronse como prioridades mellorar o abastecemento de auga nos polígonos industriais, avanzar na conexión e accesibilidade entre a estación intermodal e o centro urbano, así como impulsar melloras en instalacións municipais e espazos públicos.

NOMEAMENTO DE MARIANO CASTIÑEIRA

Durante a comparecencia deste luns, a alcaldesa tamén fixo referencia ao altercado que tivo lugar durante o último pleno cando se impediu a votación da proposta socialista para que Mariano Castiñeira fose declarado fillo adoptivo da cidade por un defecto de forma na moción.

Candia indicou que os concelleiros eran coñecedores de que “non podían presentar a moción desta forma e de que faltaba a documentación necesaria para impulsar esta distinción e que no seu partido son favorables á mesma debido ao amplo apoio co que conta”.

Engadiu tamén que a oposición lles fixo chegar xa a documentación na que se recollen os méritos do médico e que a propia Alcaldía iniciou xa os trámites para esta distinción.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...