InicioLugo e contornaLugoCCOO no Concello de Lugo denuncia que os orzamentos se negociario "de...

CCOO no Concello de Lugo denuncia que os orzamentos se negociario “de costas ao personal”

Segundo CCOO non se coñecen os criterios utilizados para a repartición das partidas destinadas ao capítulo de persoal e abre a porta a unha repartición "opaca" dos recursos públicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección Sindical de CCOO no Concello de Lugo continúa co seu enfrontamento co Concello en materia laboral, dando un paso máis co inicio de accións xudiciais inmediatas contra os Orzamentos municipais de 2026, xa que consideran a negociación rota ao “ter esgotadas todas as vías de diálogo e negociación co goberno local”.

O sindicato sostén que as contas se elaboraron sen negociación previa coa representación dos traballadores e “de costas ao persoal”, o que, ao seu xuízo, supón unha vulneración de dereitos fundamentais. CCOO critica, ademais, a falta de resposta do goberno municipal ás súas alegacións, denunciando unha actitude de peche ao diálogo e de falta de respecto cara aos empregados públicos “que sosteñen o funcionamento da cidade”.

Entre as principais queixas, a organización sindical sinala que os orzamentos se aprobaron sen convocar a Mesa Xeral de Negociación nin facilitar a documentación necesaria durante o proceso, o que consideran un déficit grave de transparencia. Segundo CCOO, esta situación impide coñecer con claridade os criterios utilizados para a repartición das partidas destinadas ao capítulo de persoal e abre a porta a unha repartición “opaca” dos recursos públicos.

O sindicato advirte de que o caso de Lugo podería seguir o ronsel doutros procedementos similares en Galicia, como o de Ferrol, onde os tribunais chegaron a anular presupostos por defectos na negociación colectiva. Neste sentido, lembran que a lexislación vixente establece a negociación coa representación sindical como un paso obrigatorio na tramitación orzamentaria.

CCOO apunta que “non pode normalizarse un funcionamento institucional sen garantías de transparencia nin respecto á legalidade”, e afirma que continuará adiante coa vía xudicial “ao considerar que se vulneraron dereitos básicos na elaboración das contas municipais”. “Non podemos permitir que o noso Concello funcione como un casarío privado onde a lei non existe e a transparencia brilla pola súa ausencia”, sentenciaron.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...