InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco...

O PP de Lugo denuncia o mal estado do pavimento no Casco Histórico

“O problema de Lugo non é a falta de ingresos, senón un goberno que gasta sen control e deixa facturas a futuro”, conclúen os populares, que reclaman rigor, planificación e responsabilidade na xestión económica municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP afirma que hai un problema estrutural no Concello de Lugo a conta das hipotecas dos proxectos fallidos executados polo propio goberno, que condicionan o presente e o futuro económico da cidade.

Un dos exemplos máis claros é o da peonalización do casco histórico, coñecido como Corazón Verde, no que se gastaron uns 10 millóns de euros. Un proxecto presentado como transformador e que hoxe deixa unha realidade ben distinta: un pavimento fráxil, con fendas e desperfectos constantes en numerosas rúas do centro.

O PP lembra que xa en 2023 advertiu publicamente (xullo de 2023 no propio pleno extraordinario de novembro de 2023) da fraxilidade do pavimento empregado, dun modelo que non supuña unha peonalización real e que non estaba preparado para soportar o tráfico existente. O tempo, sinalan, deulles a razón, convertendo esa actuación nunha nova hipoteca económica para Lugo, ao obrigar a realizar reparacións continuas con cargo aos cartos públicos.

Desde o Grupo Popular insisten en que non se pode falar de sostibilidade nin de boa xestión mentres se sigan executando proxectos sen planificación rigorosa, desoíndo informes técnicos e comprometendo recursos públicos durante anos para arranxar actuacións mal deseñadas desde a súa orixe.

“O problema de Lugo non é a falta de ingresos, senón un goberno que gasta sen control e deixa facturas a futuro”, conclúen os populares, que reclaman rigor, planificación e responsabilidade na xestión económica municipal

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...