InicioLugo e contornaComedor escolar na aula móbil do Colexio Fingoi 2

Comedor escolar na aula móbil do Colexio Fingoi 2

A Xunta instalou o módulo nunha parcela de titularidade municipal contigua ao colexio, cedida polo Concello a través dun convenio entre ambas administracións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Escola de Educación Infantil Fingoi 2 de Lugo ofrece desde hoxe o servizo de comedor escolar na aula móbil instalada pola Xunta no recinto educativo. O delegado territorial, Javier Arias, desprazouse hoxe ao recinto para comprobar que todo funcionase correctamente de cara ao inicio da prestación do servizo e amosou o seu agradecemento ao profesorado e alumnado do CIFP As Mercedes polo traballo realizado para acondicionar o módulo.

Arias lembrou que esta prestación é unha obriga municipal, pero o Goberno galego implicouse “desde o primeiro momento, para facilitar a vida das familias que demandaban esta medida de conciliación”.

A Xunta instalou o módulo nunha parcela de titularidade municipal contigua ao colexio, cedida polo Concello a través dun convenio entre ambas administracións. O Goberno galego asume o custo e o mantemento deste espazo durante dous anos prorrogables por un máis, para permitir que a entidade local active o comedor.

“A Administración autonómica cumpriu cos compromisos adquiridos para dar unha solución rápida e eficaz ás peticións dos pais e nais do Fingoi 2”, dixo Arias, quen afirmou que están garantidas as subministracións necesarias prestar o servizo, incluída a eléctrica. Ao respecto, aclarou que se fixo unha análise de consumos da que se concluíu que non é necesario dar ningunha nova alta nin incrementar a potencia actual para poñelo en funcionamento.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...