InicioCulturaLugo fai historia: 4 anos e 6 artistas no máis alto da...

Lugo fai historia: 4 anos e 6 artistas no máis alto da arte urbana mundial

Un ano máis Lugo é unha das cidades do planeta con máis representantes nas votacións finais das 50 mellores obras de arte urbana do mundo. Neste 2024 son Bublegumsr (Tirso Paz), Doa Oa e Diego AS os aspirantes á gloria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os patios dos colexios e institutos lucenses, o Parque da Milagrosa e as instalacións da antiga Frigsa, a contorna do vello Pavillón Municipal, os Xardíns da Volta da Viña… son moitos os berces da arte urbana na cidade bimilenaria, unha creatividade que nestes anos 20 do século XXI ven colleitando éxitos sen parar.

Houbo fitos anteriores, pero creo que en Lugo case todos estamos dacordo en que as vitorias de Diego AS na Liga Nacional de Graffiti e no premio ao mellor mural do mundo do ano 2021 marcaron un antes e un despois.

No 2024 son o propio Diego AS (cunha obra súa en Linares, Jaén), Doa Oa (de Sober, pero cunha obra súa en Azagra, Navarra) e Bublegumsr (Tirso Paz, de Lugo, cunha obra súa en San Pietro, Calabria, Italia) os elixidos entre o medio cento de mellores obras, pero tamén outros tres artistas lucenses tiveron (e seguro volverán a ter) o seu momento neste certame global da plataforma Street Art Cities: Rubén Paz (Trece Trazos, segundo mellor mural do mundo no mes de agosto do 2022), Yoe 33 (terceiro mellor mural do mundo do ano 2023) e Nesui (Guille Paz, moi presente en case todas as seleccións mensuais).

Non pode ser casualidade. Algo da natureza e da historia de Lugo deben inspirar a estes xenios, pero ademáis hai unha clara protagonista en toda esta lenda: a Escola de Arte Ramón Falcón, pola que pasaron a meirande parte deles e que sen excepción todos reivindican como clave na súa traxectoria. Conseguiremos levar de novo ao triunfo aos nosos artistas co noso apoio? Toca volver facer forza, por Lugo. E despois… que tal se os animamos a pintar xuntos algunha vez? Ou a falar xuntos nalgún foro sobre a arte urbana lucense? Sería xenial.

Outros dos indubidables berces artísticos lucenses: o Parque da Milagrosa e as instalacións da vella Frigsa (Foto: Guido Álvarez Parga)
Outros dos indubidables berces artísticos lucenses: o Parque da Milagrosa e as instalacións da vella Frigsa (Foto: Guido Álvarez Parga)

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...