InicioLugo e contornaLugoO BNG ve nos orzamentos da Xunta "o abandono do PP cara...

O BNG ve nos orzamentos da Xunta “o abandono do PP cara a Lugo”

A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, criticou que continúa habendo varios proxectos que a Xunta "non termina" e "non destina os suficientes recursos", como o Porto Seco de Monforte, "que leva máis de 10 anos en situación de parálise"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, tachou os orzamentos da Xunta de Galicia como unha “sarta de incumprimentos” que “confirman o abandono do PP” á súa provincia.

Nun comunicado, Rodil fixo unha primeira valoración en clave lucense do proxecto de contas autonómicas para 2025 presentado polo Goberno galego, lamentando que se tratan dun conxunto de “promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas”.

Para ela, proba deste “abandono” é o volver anunciar a reforma de centros de saúde que xa foron anunciadas varias veces, pondo de exemplo o de Meira ou o de Outeiro de Rei.

Ademais, a nacionalista criticou que continúa habendo varios proxectos que a Xunta “non termina” e “non destina os suficientes recursos”, como o Porto Seco de Monforte, “que leva máis de 10 anos en situación de parálise”.

“Levan máis de 10 anos, en concreto desde 2013, sen investir nin un só euro na cidade de Lugo en vivenda pública”, engadiu, reivindicado que o Bloque impulsará emendas para “pór os intereses e as necesidades dos lugueses” e “profundar nun maior compromiso con Lugo”.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...