InicioPolíticaInauguran en Lugo o aparcadoiro gratuíto do Fogar de Santa María financiado...

Inauguran en Lugo o aparcadoiro gratuíto do Fogar de Santa María financiado pola Deputación

"Pero tamén nos permitiu ofrecer a toda a cidadanía máis prazas de aparcadoiro fose do horario laboral dos traballadores provinciais", sostivo o presidente provincial, José Tomé

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a alcaldesa do municipio, Paula Alvarellos, inauguraron este xoves as novas prazas de aparcadoiro gratuítas do Fogar de Santa María.

Trátase dun proxecto no que a institución provincial investiu 465.000 euros para crear 164 estacionamentos, dos cales 33 quedarán reservados a persoal autorizado (traballadores de Deputación provincial e Policía Nacional) e 131 estarán a disposición da veciñanza desde esta mesma tarde.

José Tomé subliñou que esta actuación “os permitiu facer máis accesible, máis cómodo e máis útil este espazo no que nos atopamos” e destacou que as obras melloraron as condicións dos empregados públicos da Deputación.

“Pero tamén nos permitiu ofrecer a toda a cidadanía máis prazas de aparcadoiro fose do horario laboral dos traballadores provinciais”, sostivo o presidente provincial, que lembrou que “das 90 prazas de estacionamento que había neste recinto, pasamos ás 164 grazas a este proxecto”.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...