Home Lugo e contorna Lugo A cantautora Sés actuará nas Festas de San Froilán

A cantautora Sés actuará nas Festas de San Froilán

0
A cantautora Sés actuará nas Festas de San Froilán
Unha atracción de feira durante as festas de San Froilán, patrón de Lugo, a 4 de outubro de 2021, en Lugo. Carlos Castro - Europa Press

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou a actuación da artista coruñesa Sés nas festas de San Froilán 2024. O concerto terá lugar o domingo día 6 de outubro ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario, segundo concretou, dentro da programación do ‘Domingo das mozas’.

A artista é mestra e licenciada en filoloxía galega e antropoloxía social. Comezou a súa formación no baile e na música tradicional galega e tras 12 anos de carreira musical ten un total de oito discos gravados, apunta o Consistorio.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here