InicioCulturaLugo prepara este sábado a gran foliada para recibir o Apalpador

Lugo prepara este sábado a gran foliada para recibir o Apalpador

Este 22 de decembro, a cidade celebra a chegada do Apalpador con música e baile tradicional, castañas e agasallos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O gran recibimento celebrarase o sábado, mais a figura do Apalpador está presente dende o 12 de decembro en Lugo. Así o procurou a rede cultural da cidade a través da colaboración coas librarías Trama e Biblos e a Biblioteca Pública Municipal, divulgando o lendario nos días previos á chegada do xigante do Courel.

A benvida ao Apalpador reintroduce no ámbito urbano a celebración propia da cultura ancestral galega, como alternativa a outras tradicións de orixe foránea. Asemade, supón unha oportunidade para estabelecer lazos entre as familias de Lugo, reforzando o tecido social.

Este proxecto de animación e socialización da figura infantil do Apalpador é iniciativa da Semente Lugo, canda á Mesa Pola Normalización Lingüística, CS Mádia Leva, A Volta do Agro, Cántigas e Frores, O’Xeito, Troupelear, Tradescola e Lucecús Teatro. A programación conta co soporte de Concello e Deputación.

Grazas a este impulso, durante todo o mes están dispoñibles –nas citadas librarías e na Biblioteca pública– recursos didácticos, bibliografía e produción cultural editada acerca deste xigante carvoeiro. E na tarde do sábado 22 de decembro, na Praza Maior, Lugo recibirá o Apalpador a partir das 17.00 horas.

Librería Trama (Avenida da Coruña, 21)

Varias sopresas amenizarán os intres previos á benvida, que comezará cunha ruada ás 16.30 horas dende A Milagrosa, pola Avenida da Coruña cara o centro histórico. Dende as 17.00 horas, o primeiro dos obradoiros, Troupelear. Música en familia, con Branca Villares.

Contra as 18.00 chegará o Apalpador, con castañas e agasallos, para continuar a festa cos obradoiros de O’Xeito e Tradescola. Pechará a xornada a foliada con A Volta do Agro e Cántigas e Frores.

O videoclip da canción do Apalpador

Escola de Ensino Galego Semente de Compostela presenta, coa colaboración do Concello de Compostela, un proxecto de animación e socialización infantil do Apalpador, para fomentar a participación da cidadanía na visibilización do xigante do Courel. A primeira iniciativa deste proxecto é a divulgación dun videoclip.

Na realización da canción que protagoniza o videoclip, gravado na Serra do  Courel,  participarom máis de dez artistas e representa o xigante carboeiro como un ser máxico na súa contorna natural, diante da súa casa, acompañado  polas cativos da montaña.

Luis  Vallecillo,  Karlos  Abal,  Séchu  Sende,  Guadi Galego,  Celtia  Figueiras, Pablo  Sanmamed, María Pámpano, Paulo Silva, Jerry Noia ou Ramón Campos son algúns dos artistas participantes na realización desta canción.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...