InicioMedioambiente e PatrimonioOs segredos que aínda agocha a muralla romana de Lugo

Os segredos que aínda agocha a muralla romana de Lugo

Os traballos de conservación no cubo sétimo da muralla romana de Lugo permitirán investigar un espazo interior abovedado que se presume orixinal

PUBLICADA O

- Advertisement -

As actuacións de conservación na muralla de Lugo continúan a desvelar claves da construción das defensas da cidade. En previsión da intervención sobre o cubo sétimo, os investigadores terán a oportunidade de comprobar si efectivamente o espazo interior abovedado do interior é unha porción orixinal da época romana.

Este oco foi empregado a mediados do pasado século para acoller un centro de transformación. Agora, o cubo sétimo –á beira da Porta do Bispo Odoario– será excavado á altura do adarve para resolver as filtracións de humidades e as fendas verticais. A escada será desenterrada e protexida cunha lámina xeotextil para despois facer un novo recheo.

O arquitecto redactor do proxecto, José Ignacio López de Rego, explicou que no espazo abovedado eliminaranse os vestixios do centro de transformación, retirando os muros de formigón, elementos de lousa e ferro e canalizacións que aínda permanecen no interior, cegando no proceso a porta de madeira que da acceso dende o exterior da muralla.

Investigación 

A continuación, investigarase a cimentación desta zona, datando os morteiros en paramentos, bóveda e chan para determinar se se trata dun espazo orixinal ou, en caso contrario, contextualizar as posibles transformacións.

Acadarase así mesmo unha faixa de dous metros no xardín exterior, na que se profundizará ata a cota orixinal romana. O obxectivo é obter datos sobre a utilidade da zona abovedada e a súa relación coa escada e coa configuración da cidade, pois especúlase que puido ser unha porta ou un corpo de garda. Entre outras comprobacións, os investigadores realizarán un levantamento topográfico tridimensional das estruturas romanas que atopen. 

Outros traballos e descubrimentos

Intervención do delegado territorial Balseiro | Xunta de Galicia
Intervención do delegado territorial Balseiro | Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que estas obras están en fase de licitación, cun orzamento de 324.000 euros. Acontece o mesmo co contrato de mantemento da muralla, neste caso por importe de 278.500 euros. O prazo para recibir ofertas rematará o 28 de novembro.

O emisario do goberno galego afirmou que estas iniciativas de conservación son “prioritarias” para a Xunta, como amosa que “recentemente” investiu máis dun millón de euros nas obras de catro cubos –LXXX, LXX, LXXI e XIX–.

Balseiro avanzou que restan por licitarse novas actuacións como a musealización do túnel aparecido durante as obras de consolidación do cubo sexto. A consellería ten redactado un proxecto para pór en valor esta galería, que non será transitable por razóns de seguridade, mais si visible dende o exterior.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...