InicioCulturaCopora, a galaica de Yoe33 en Lugo, xa aspira a mellor mural...

Copora, a galaica de Yoe33 en Lugo, xa aspira a mellor mural do mundo

Street Art Cities, a maior plataforma de arte urbana do mundo, seleccionou a obra de Yoe33 entre as 100 mellores do mundo no mes de xuño do 2023. As votacións determinarán as 25 obras finalistas do mes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A mediados do mes de abril o artista lucense Yoe33 comezou a darlle forma a unha obra mural memorable para a cidade de Lugo. Encaixada como acontecemento do primeiro Arde Lucus como Festa de Interese Turístico Internacional (edición MMXXIII) e formando parte tamén do festival Urban Cores, “Copora” chegou para facer historia.

Dous meses despois, xa rematada, ven de ser seleccionada por Street Art Cities (a maior plataforma de arte urbano do mundo) como candidata a mellor mural do planeta no mes de xuño. Un paso previo á posible inclusión, a finais de ano, a converterse na mellor de todo o 2023.

As votacións comezaron, de momento “Copora” está entre as 100 mellores obras do mes, das cales sairán 25 candidatas para a final do mes, que se votará a semana que ven. Deste xeito Yoe (Manuel Pallín, pioneiro do graffiti lucense e un dos fundadores de Concepto Circo) aspira a revalidar, dous anos despois, o premio acadado polo tamén lucense Diego AS. Teremos parella de murais campións do mundo en Lugo? Saberémolo moi pronto. Para apoiar a Yoe33 de momento podemos facelo votándoo na súa historia do Instagram de Street Art Cities. A semana que ven tocará repetir se resulta ser un dos 25 finalistas.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...