InicioCulturaSantiago Besteiro gaña o Premio Nacional de Artesanía polas creacións do seu...

Santiago Besteiro gaña o Premio Nacional de Artesanía polas creacións do seu taller de coiro, con clientes como Loewe

PUBLICADA O

- Advertisement -

O taller de coiro de Santiago Besteiro, na localidade lucense de Monterroso, recibiu o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Emprendemento, á que tamén optaba o taller de tornería Vikensen, de Tomiño.

Santiago Besteiro adícase ao deseño, desenvolvemento e elaboración de pezas artesás de alta calidade realizadas con materiais naturais e biodegradables. O seu traballo céntrase no coiro combinado con outros materiais como a pedra ou a madeira, primando a investigación con novas formas e materiais, un deseño simple e funcional que busca ofrecer os máis altos estándares de calidade.

No taller mantén dúas liñas de produtos: a marroquinería e as pezas escultóricas e adicadas á decoración de interiores. Actualmente, realiza prototipado e investigación de novos produtos para clientes como Loewe, que en xuño deste mesmo ano 2022 presentou no Salón do Moble de Milán como novo artesán colaborador.

Así mesmo, a Xunta destacou que o taller do monterrosino está recomendado pola guía dixital ‘Homo Faber’, que destaca a excelencia da artesanía europea, e a guía dixital España Artesá, impulsada pola Asociación Contemporánea de Artes e Oficios, que destaca aos mellores artesáns de España. Durante a súa traxectoria xa foi finalista en tres ocasiones dos Premios Artesanía de Galicia (2020, 2021 e 2022) e do European Craft Prize 2021.

Por outra banda, a Fundación Artesanía de Galicia resultou finalista na categoría Promociona para Entidades Públicas, polo seu proxecto ‘Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e popular de Galicia’ que se celebra anualmente na Agolada.

Os Premios Nacionais de Artesanía son convocados anualmente polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e da súa área de promoción de artesanía, Fundesarte.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

Senadores do PP estudarán demandas do sector da repartición pola alza de prezos dos combustibles

Os senadores do PP lucense, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Deputación repartirá 25,5 millóns entre os 67 concellos tras aprobar esta iniciativa no Pleno por unanimidade

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes por unanimidade a relación de...

Un ferido nun choque entre dous vehículos na Pastoriza

Un condutor resultou ferido nun accidente rexistrado este luns na estrada LU-122 no municipio...