InicioPolíticaDemandan máis orzamentos na provincia para reforzar os servizos públicos e rematar...

Demandan máis orzamentos na provincia para reforzar os servizos públicos e rematar infraestruturas pendentes

O grupo socialista da Deputación de Lugo avanzou que defenderá no próximo pleno da corporación provincia unha moción na que propoñen ao Goberno galego aumentar os orzamentos para 2023

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo socialista da Deputación de Lugo avanzou que defenderá no próximo pleno da corporación provincial, que se celebrará este martes, unha moción na que propoñen ao Goberno galego acometer as “infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da provincia”, polo que solicitan “modificar os orzamentos” para “emendar os incumprimentos pendentes” coas infraestruturas e o “reforzo” dos servizos públicos da provincia de Lugo.

Así, segundo destacou a formación, solicitan tamén un plan de reindustrialización que faga fronte á “perda de emprego industrial”, especialmente na comarca da Mariña.

Na iniciativa tamén demandan que se habiliten medidas de axuda especiais para a frota lucense afectada polo veto á pesca de fondo e que se mostre, a través dos orzamentos, o apoio ao sector primario.

Neste contexto, os socialistas consideran que os gobernos do PP, “ben á fronte da Xunta, ben no Goberno do Estado”, non tiveron “un compromiso real” coa provincia de Lugo. Especialmente, sinalan, no ámbito das infraestruturas e dos servizos públicos a xestión dos “gobernos conservadores fíxose sempre de costas a Lugo e ás necesidades dos lucenses”.

Ante isto, advirten de que “ano tras ano”, proxectos “fundamentais” como a Rolda Este, o Porto Seco de Monforte, a VAC Costa Norte, as obras de desdobramento do corredor Lugo-Monforte ou o Plan Paradai reciben partidas orzamentarias que, aseguran, “non se traducen en obras reais”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...