InicioSociedadeO custe por día do aparcadoiro do HULA redúcese a catro euros

O custe por día do aparcadoiro do HULA redúcese a catro euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos adxudicou o contrato para a xestión, explotación e mantemento do aparcadoiro de uso público do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) á empresa Promoparc Subterráneo Servizos SL, unha das sete empresas que se presentaron ao proceso administrativo.

O novo contrato, que terá unha duración de cinco anos desde o momento da firma, supón, segundo sinalou a área sanitaria nun comunicado, a “redución substancial das tarifas aplicadas, que nalgúns casos redúcense practicamente á metade”.

Entre as novas tarifas que a empresa concesionaria aplicará no HULA, atópanse a gratuidade dos 15 primeiros minutos de estacionamento, unha “importante rebaixa” no prezo da hora, que pasa de custar 1,63 euros a 0,70 euros, ademais de que os primeiros 59 minutos terán un prezo de 0,10 euros.

Tamén será “substancial” a rebaixa do prezo dun día, que pasará a custar catro euros por estacionar no aparcadoiro do HULA durante 24 horas, así como a redución no prezo dos bonos que, coas novas tarifas definidas no contrato de adxudicación, un bono de cinco días naturais non consecutivos terá un custo de 18,40 euros e o bono para 30 días naturais non consecutivos quedará reducido a 39 euros.

A empresa adxudicataria deberá abonar un canon anual de 56.000 euros ao HULA pola xestión, explotación e mantemento do seu aparcadoiro subterráneo que conta con máis de 600 prazas, repartidas en dous pisos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo activa o plan contra as nevaradas: 42 camións e 9.250 toneladas de sal para manter abertas as estradas

A chegada do inverno volve poñer o foco nun dos principais desafíos para a...

Detido tras agredir a unha auxiliar de enfermaría no hospital de Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo un home por agredir unha auxiliar de enfermaría...

Ferido ao caer co coche por un barranco de 30 metros en Becerreá

Unha persoa resultou ferida despois de precipitarse por un barranco duns 30 metros o...

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...