InicioLugo e contornaLugoDetectados unha vintena de condutores en Lugo no mesmo día superando os...

Detectados unha vintena de condutores en Lugo no mesmo día superando os límites de velocidade

Outro condutor deu positivo nas probas de alcoholemia e foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detectaron en Lugo, na zona da Rolda da Muralla, a un total de 15 condutores que superaban o límite máximo de velocidade establecido, mentres que na Rolda da Carmen confeccionáronse cinco denuncias polo mesmo motivo durante a tarde do xoves.

Durante a noite do mesmo día, realizáronse as probas de alcoholemia ao condutor dun turismo, cun resultado de 1.21 e 1.19 miligramos por litro, polo que se iniciaron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Ese mesmo día, axentes da Policía de Barrio acudiron en axuda dunha muller de 92 anos que se caeu no seu domicilio e que non podía levantarse, ao parecer desde a noite anterior. Así mesmo, axentes trasladáronse á rúa Tui onde unha muller de 83 anos trataba de que o seu marido, de 92 anos e que sofre brotes psicóticos, deixase de tirar obxectos pola xanela. Ao tirarse ao chan, fíxose unhas pequenas feridas que a muller lle curou. Posteriormente, foi trasladado a un centro sanitario.

FALTA DE PAGAMENTO NUN LOCAL

Noutra orde de cousas, axentes municipais trasladáronse a un restaurante da rúa Montero Ríos, onde había un cliente que consumira comida e bebida e dicía que non tiña diñeiro para pagar. O home estaba indocumentado e incautóuselle un trade novo, do que non soubo explicar a súa orixe.

Ademais, na rúa Mar Cantábrico, inspeccionouse un local de hostalaría e efectuáronse as correspondentes denuncias por non presentar o título habilitante para realizar a actividade.

+ posts

ÚLTIMAS

Unha colisión entre unha furgoneta e un camión deixa un ferido atrapado en Castro de Rei

O condutor dunha furgoneta resultou ferido este venres nun accidente de tráfico rexistrado na...

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

O antigo colexio do Sagrado Corazón xa é dos lucenses trala sinatura hoxe da acta de expropiación

O antigo colexio do Sagrado Corazón volve ser desde hoxe dos lucenses. Desde as...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...