InicioLugo e contornaLugoLocalizan falecida a unha muller de 54 anos nunha vivenda, supostamente por...

Localizan falecida a unha muller de 54 anos nunha vivenda, supostamente por causas naturais

O corpo policial continúa a traballar na investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo foron mobilizados na tarde deste pasado mércores pola morte dunha muller de 54 anos de idade nunha vivenda da capital luguesa, supostamente por causas naturais.

Segundo informou a Policía Local, durante a tarde do mércores pasado axentes municipais trasladáronse a un piso da rúa Yáñez Rebolo onde, segundo a información recibida na Sala do 091, falecera unha persoa.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que persoal sanitario do 061 tentaba reanimar a unha muller de 54 anos que, segundo a persoa que a acompañaba, tombouse a durmir unha sesta e “tardaba moito en espertar”, polo que requiriu auxilio de persoal sanitario.

As mesmas fontes policiais sinalaron que o persoal sanitario finalmente comunicou o falecemento da muller, supostamente por causas naturais, “aínda que o corpo policial competente continúa coas investigacións”.

+ posts

ÚLTIMAS

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...

Lugo recuperará unha aula infantil pechada desde a pandemia para acabar coa lista de agarda: 12 novas prazas en 2027

A conciliación familiar continúa sendo unha das principais preocupacións para os fogares con nenos...