InicioLugo e contornaLugoO Goberno acomete actuacións no Camiño de Santiago ao seu paso por...

O Goberno acomete actuacións no Camiño de Santiago ao seu paso por sete concellos da provincia

Contan cun investimento de tres millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou en Paradela as actuacións de rehabilitación que o Executivo central está a acometer no Camiño de Santiago ao paso por sete concellos da provincia de Lugo mediante un investimento de tres millóns de euros.

Na súa visita a esta localidade, José Miñones repasou o estado destes investimentos, que executa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana no marco do Programa de Intervencións de Interese Cultural no Camiño de Santiago en concellos da Coruña e de Lugo.

Acompañado polo alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, José Miñones supervisou a rehabilitación do camiño francés ao paso polo lugar de Pena no que se están investindo case 600.000 euros.

O proxecto de recuperación do núcleo tradicional da Pena céntrase na traza do Camiño de Santiago e na zona interior do núcleo. O delegado destacou que esta actuación combina “a restauración dos elementos tradicionais con outra de rehabilitación urbana de forma que se mellora a calidade de vida dos habitantes desta contorna”.

O Programa de Intervencións de Interese Cultural no Camiño de Santiago que desenvolve o Ministerio de Transportes é de 10 proxectos que se desenvolven noutros concellos das provincias de Lugo e da Coruña por onde pasa o Camiño Francés a Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...