InicioLugo e contornaLugoAuxilian a un octoxenario que esperaba un bus de madrugada para non...

Auxilian a un octoxenario que esperaba un bus de madrugada para non perder a súa cita para vacinarse

A Policía Local acompañouno ao HULA, onde o persoal sanitiario procedeu a unha exploración médica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron a un octoxenario que esperaba un autobús de madrugada para ir ao hospital porque tiña medo de durmirse en casa e perderse a cita para vacinarse.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 1,45 horas do pasado 18 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observou na rúa Montero Ríos a un home de avanzada idade que camiñaba con dificultade.

Co fin de comprobar que se atopaba en bo estado, indican as mesmas fontes, os axentes entrevistáronse con esta persoa, de 89 anos, quen lles manifestou que esperaba o bus urbano para que o leva ao HULA co fin de recibir unha dose da vacina contra a Covid.

Os policías prestáronlle axuda porque non levaba roupa de abrigo e “a temperatura era moi baixa”, destacan as mesmas fontes. O home díxolles que non desexaba volver ao seu domicilio porque tiña “medo a quedar durmido e perder a cita”, polo que quería permanecer na parada do autobús ata que pasase un que o leva ao hospital.

A patrulla realizou investigacións e non constaba que esta persoa puidese estar desaparecida, polo que convenceron ao octoxenario para que lles acompañase ao HULA, onde podía esperar a vacinarse. Finalmente, foi levado ao hospital e quedou ao coidado de persoal sanitario para a realización dunha exploración médica, concluíron as mesmas fontes municipais.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...