InicioLugo e contornaLugoActivistas salvadoreñas denuncian en Lugo a vulneración de dereitos humanos das mulleres...

Activistas salvadoreñas denuncian en Lugo a vulneración de dereitos humanos das mulleres no seu país

"A maioría das presas son mulleres pobres, de zonas rurais e sen acceso á educación, nin á sanidade", afirmou Mercy Mulato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Activistas do Salvador visitan estes días a cidade de Lugo, onde denunciaron a “vulneración dos dereitos humanos” que se producen no país centroamericano, coas mulleres como o principal expoñente desa “violación” de dereitos. Unha delas, da asociación ‘Colectiva Feminista’, Mercy Mulato, comentou que “O Salvador é un dos países onde está penalizado o aborto e se criminaliza ás mulleres con penas de ata 30 anos de cárcere”.

“Neste momento no meu país non se conta cunha lexislación que garanta a lei e a saúde das mulleres. Temos moitos problemas de acceso a anticonceptivos e graves deficiencias por parte do Estado para garantir os dereitos“, relatou.

Ademais, puxo de manifesto que O Salvador “é un dos países onde se exerce moito a violencia sexual en nenos menores de idade, e así o Ministerio de Saúde en 2020 rexistrou 12.902 nenas embarazadas entre idades de dez a 19 anos”, denuncia.

Mercy Mulato subliña que viñeron a Galicia, e a Lugo en concreto, para que “se saiba o que pasa no Salvador” e co fin, basicamente, de “expor a situación que se vive actualmente”.

“Lamentablemente vivimos nun país moi conservador, moi machista, no que as mulleres somos como de segunda man para a sociedade e onde se vulneran constantemente os dereitos das mulleres”, criticou.

Así mesmo, condena que aínda “non se haxa despenalizado o aborto” e que “non haxa un respaldo xurídico para que non se siga encarcerando a máis mulleres”. “A maioría das presas son mulleres pobres, de zonas rurais e sen acceso á educación, nin á sanidade. Hai un ensañamento coas mulleres máis vulnerables do país”, censurou.

Finalmente, esta activista salvadoreña chama a atención sobre a ausencia dunha “lei de identidade de xénero para poboacións de LGTBI”. “Hai un gran retroceso nos dereitos humanos e das mulleres en dereitos sexuais e reprodutivos”, concluíu Mulato, que é tamén a directora do primeiro medio de comunicación feminista en liña no Salvador.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...