InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo busca mobilizar ata 12 millóns coa estratexia 'Lugo...

O Concello de Lugo busca mobilizar ata 12 millóns coa estratexia ‘Lugo Transforma’

"Este fondo de capital risco e fondo de investimento onde o Concello de Lugo é pioneiro en Galicia e onde queremos reactivar a economía", destacou a alcaldesa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o conselleiro delegado do fondo de capital risco Torsa Capital, Jesús Torres, subscribiron este venres no Concello o convenio para impulsar a “estratexia” de “Lugo Transforma”, co que se pretenden mobilizar ata doce millóns de euros.

Trátase dun fondo público “emprendedor” que ten como fin a captación de novos investimentos para a cidade amurallada, atraer empresas e crear emprego “sustentable”. Dita “estratexia” cimentarase a través da entrada temporal do Concello no capital de proxectos innovadores da modalidade de fondo de capital risco.

A alcaldesa, Lara Méndez, felicitouse e deu a “benvida” a esta iniciativa ao asegurar que trata de “un día importante para o Concello de Lugo”. Méndez sinalou que este proxecto profundará nunha “transformación importante” da cidade, que se “iniciou na anterior lexislatura”, lembraba.

Na súa intervención, a rexedora lembrou que no anterior mandato “tamén se iniciou unha importante transformación económica, a través de distintos proxectos e estratexias que veñen desenvolvendo con fondos europeos”.

Con todo, sostivo que “a chegada do Covid” fixo “reformular todo”. “E estivemos a estudar como manter os pequenos negocios, Pemes, e aos autónomos da cidade, con moitas iniciativas e tamén quixemos ser ambiciosos e quixemos ir un paso máis aló, para ver como aproveitar as oportunidades que se puidesen xerar e poder ir á recuperación do emprego que se poida perder”, sostivo.

REACTIVAR A ECONOMÍA

“Nesa liña foi como naceu o Lugo Transforma, con este fondo de capital risco e fondo de investimento onde o Concello de Lugo é pioneiro en Galicia e onde queremos reactivar a economía, porque xa non se trata só de transformar senón de reactivar a economía utilizando tamén a sustentabilidade”, destacou.

Un plan deseñado para dez anos, co fin de captar investidores e dar a coñecer as empresas da cidade fose do marco municipal, e que se estrutura en tres fases.

Pola súa banda, o conselleiro delegado de Torsa Capital, Jesús Torres, marcouse como obxectivo que dito fondo “chegue a 50 empresas, no próximos dez anos”, e a través desta “estratexia” perséguese “crear mil postos de traballo directos” que se multiplicarían “por dous ou por tres no caso de empregos indirectos.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...