InicioCulturaA edila de Cultura confía en que a denuncia free a revenda...

A edila de Cultura confía en que a denuncia free a revenda “ilegal” de entradas gratuítas para os concertos do San Froilán

A nacionalista Maite Ferreiro descoñece se "será fácil" localizar aos autores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro, confía que concluíse a revenda de entradas para os concertos de San Froilán, que son todos gratuítos. En total, hai 75 programados ata o 12 de outubro, dos que 50 son grupos ou artistas locais. Os servizos xurídicos do Concello xa puxeron en coñecemento da Policía dita práctica “ilegal” que, sobre todo, produciuse a través das redes sociais.

Ferreiro recoñeceu que “houbo un problema no momento que se sacaron as entradas”, xa que se produciu “saturación das redes e creou malestar entre moita xente que estaba a esperar coller as entradas e non puido”.

“É lamentable que haxa ese tipo de persoas, que se aproveiten ademais, que no momento das restricións para os concertos, aprovéitense diso por un beneficio económico cando estas actuacións as pagamos todos os veciños (son gratuítas todas)”, esgrimiu.

“FACER NEGOCIO CON ALGO PÚBLICO”

A edila advertiu que, desde o momento no que o Concello foi consciente do que estaba a ocorrer, analizou a situación xunto á Asesoría Xurídica do Concello. “Creo que hai que dicir a esas persoas que paren porque non imos consentir que sigan facendo negocio con algo que é público para todo o mundo”, subliñou.

Aínda que descoñece se “será fácil” localizar aos autores, manifestou que confía en que a denuncia servirá para que “paren de facelo”.

PREGÓN

En canto ás festas, que arrincaban onte co pregón a cargo da presidenta de Cogami, Marisol Bravos, a concelleira de Cultura confesou que está “satisfeita”.

“Ao final comezamos este San Froilán un pouco diferente, pero onte víase unha presenza importante de xente pola rúa e eu creo que todos os veciños teñen asumido que estas son unhas festas nas que hai que primar a seguridade pero tamén gozar, e onte todo o mundo estaba a cumprilo á perfección”, resolveu.

ÚLTIMAS

Volve o festival decano da música clásica en Galicia: o Festival Cidade de Lugo, do 17 ao 31 de maio

O festival decano da música clásica en Galicia, o Festival Cidade de Lugo, presentou este...

Inspeción sanciona con case 850.000 euros a dúas empresas implicadas na contratación de temporeiros en Begonte

A Inspección de Traballo impuxo sancións que ascenden a case 850.000 euros ás dúas empresas implicadas...

Axentes atopan a un paciente do HULA en pixama polas rúas de Lugo

A Policía Local de Lugo realizou unha serie de actuacións humanitarias co obxectivo de...

O BNG insta á Xunta a actuar “con urxencia” no xulgado de Lugo tras o seu peche por risco de novos derrubes

A deputada do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Parlamento galego Olalla Rodil solicitou á Xunta que actúe "con...