InicioLugo e contornaLugoIdentificados en Lugo 5 mozos por mexar na Catedral e outras 20...

Identificados en Lugo 5 mozos por mexar na Catedral e outras 20 persoas por incumprir a normativa antiCovid

Outro mozo foi detido por causar danos nun vehículo estacionado, do que fracturou a lúa traseira cun golpe

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron este fin de semana a cinco mozos que foron sorprendidos ouriñando contra unha das fachadas da Catedral, así como a outras 20 persoas por diversos incumprimentos da normativa antiCovid.

Segundo informaron fontes municipais, os mozos foron sorprendidos cando estaban a ouriñar, e os axentes tramitaron por estas feitos actas de denuncia por infrinxir a Lei de Residuos de Galicia.

Por outra banda, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio levantaron 13 actas de denuncia por vulnerar a normativa antiCovid, a maior parte delas por reunións de persoas non convivientes de madrugada.

Así mesmo, os axentes desprazáronse na madrugada do sábado a un local de hostalaría da Rúa Nova, onde comprobaron que o establecemento estaba aberto, a pesar de que xa pasaba das 1,00 horas, e o responsable estaba a servir consumicións a 6 clientes. Todos eles foron identificados e propostos para sanción, incluído o propietario do local, que tampouco presentou licenza de apertura.

DETENCIÓN

Así mesmo, a Policía Local de Lugo informou da detención dun mozo que foi sorprendido por un axente fose de servizo, cando causaba danos nun coche aparcado na Praza de Avilés.

ÚLTIMAS

Cortes en Pedrafita pola tractorada galega que pide cambios substanciais nas políticas agrarias da UE

A protesta convocada polas organizacións agrarias galegas Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asaga,...

Consulta xa os horarios dos concertos da Candeloria

O festival lucense A Candeloria anunciou os horarios dos seus concertos, con máis dunha ducia de actuacións...

Queres coñecer ao piloto Jorge Prado e estar no Campionato de España de Motocrós?

Os xornais de Lugo, en colaboración co Concello de Lugo, sorteamos tres entradas dobres...

Detido un condutor que tratou de levar por diante a dous grupos de ciclistas en Lugo

Un home foi detido en Lugo acusado dun delito contra a seguridade do tráfico por tratar...