InicioLugo e contornaLugoFalece unha persoa diagnosticada con Covid-19 na residencia das Gándaras

Falece unha persoa diagnosticada con Covid-19 na residencia das Gándaras

No día de hoxe Sanidade comunicou, en total, catro falecementos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou catro mortes con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia sitúase en 2.602.

Estas catro persoas presentaban patoloxías previas. Dous deles morreron en residencias: un home 88 anos –nas Gándaras de Lugo– e un home de 81 anos –na DomusVi de Monforte–.

Así mesmo, nas últimas horas produciuse a defunción dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e dunha muller de 72 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...