Home Lugo e contorna Lugo Lugo planificará o control do clima dos seus barrios

Lugo planificará o control do clima dos seus barrios

0
Lugo planificará o control do clima dos seus barrios
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presenta un catálogo de solucións ao deseño urbano como ferramenta de acción climática

O Concello de Lugo elaborará un estudo piloto para planificar o control climático dos barrios da cidade, segundo informa o consistorio.

A finalidade da actuación é “poder deseñar as novas urbanizacións segundo variables do clima en prol da confortabilidade, o aforro enerxético e a diminución de emisións contaminantes“.

A Xunta de Goberno adxudicou este mércores os traballos, que terán un custo de 45.254 euros e un prazo de execución de sete meses.

A primeira planificación será para o primeiro barrio multiecolóxico de España, situado nas Gándaras, e incluirá tamén a área que ocupa a praza de Agro do Rolo, para incorporar solucións de mellora na contorna.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here