InicioLugo e contornaLugoEntre 21 e 30 meses de cárcere para sete acusados de traficar...

Entre 21 e 30 meses de cárcere para sete acusados de traficar cocaína e haxix en Lugo

O tribunal impúxolle a un dos investigados seis meses de cárcere por un delito de delito de tenencia de armas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a penas de entre 21 e 30 meses de prisión a sete acusados de traficar con droga, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O tribunal, ademais, impúxolle a un dos investigados seis meses de cárcere por cometer un delito de tenencia de armas prohibidas en concurso cun delito de tenencia ilícita de armas.

Faino tendo en conta a concorrencia da atenuante de dilacións indebidas e medo insuperable, xa que estaba “medorento por unhas ameazas de morte”. Os maxistrados consideran acreditado que os sospeitosos “se dedicaban habitualmente en Lugo” á venda de haxix e cocaína a terceiras persoas, motivo polo cal se acordou xudicialmente desde outubro de 2013 a intervención sucesiva das súas comunicacións”.

Así, entenden que da proba practicada, e por uns feitos que se remontan aos anos 2013 e 2014, “despréndese unha interrelación entre todos os acusados“. “Sendo entre eles subministradores ou provedores entre si e, sen dúbida, todos eles dedicábanse á venda e distribución de sustancias tóxicas, entre elas cocaína”, recolle o fallo.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...