InicioLugo e contornaLugoO bosque urbano das Gándaras inaugúrase con rutas guiadas nas fins de...

O bosque urbano das Gándaras inaugúrase con rutas guiadas nas fins de semana de agosto e setembro

Alberga 15.000 exemplares e cultivos enerxéticos, así como 8 bosques autóctonos galegos con 55 especies arbóreas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O bosque urbano das Gándaras, que alberga 15.000 exemplares e cultivos enerxéticos, así como 8 bosques autóctonos galegos con 55 especies arbóreas, abrirá por primeira vez as súas portas á cidadanía esta semana. Farao a través dunha  programación de visitas guiadas, xornadas de portas abertas e obradoiros infantís.

O executivo municipal puxo en marcha esta nova zona verde no marco do proxecto LIFE
Lugo+Biodinámico. A través desta iniciativa, na que o Concello traballa da man das investigacións da Universidade de Santiago (Campus Terra) e a Universidade Politécnica de Madrid, Lugo “convértese en cidade impulsora do deseño das urbes sostibles do futuro para conseguir barrios e espazos neutros en carbono, ao mesmo tempo que impulsa a economía verde e circular”.

Lara Méndez explicou que “esta será a primeira vez que se abra este espazo ao conxunto dos lucenses, pois ata o de agora a vexetación atopábase en período de implantación e o acceso ás parcelas limitouse ao persoal da Universidade, e agardamos que o próximo verán o acceso sexa totalmente libre e público”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...