No mes de agosto do ano 2020 naceu Coidemos Lugo, ese grupo de namorados da natureza e do patrimonio que sempre locen camisolas verdes, e que tan presentes están nas redes sociais da cidade.
Moitos lucenses, pero tamén ferroláns, vilalbeses, indios, arxentinos, castroverdenses, colombianos, brasileiros, moldavas, venezolanos, e tantas outras procedencias máis… unidos por unha mesma causa: querer concienciar e propagar o amor pola cidade, pola natureza, polo patrimonio, polos espazos públicos e pola terra en sí.
Charlas en colexios e institutos, colaboración con campamentos de verán, asociacións ecoloxistas, institucións e todo tipo de colectivos… a parte da organización de case 10 accións de limpeza e concienciación, son o balance dos primeiros 12 meses de historia deste formidable movemento social.
O vindeiro sábado 31 de xullo cítanse no barrio da Piringalla para a súa vindeira acción, e en agosto Coidemos Lugo festexará un primeiro e marabilloso ano de historia.
