InicioLugo e contornaLugoDenunciado por un delito contra a seguridade viaria un condutor que nunca...

Denunciado por un delito contra a seguridade viaria un condutor que nunca obtivo o carné

O condutor condutor enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo instruíu dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido a un condutor interceptado na capital luguesa que nunca obtivo o permiso de condución.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 20,00 horas do 23 de xullo a Unidade de Ateigados da Policía Local de Lugo instruíu dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido contra o condutor dun turismo detectado na Rolda da Muralla que carece de permiso de condución por non obtelo nunca.

As mesmas fontes policiais destacan que este condutor se enfronta a unha pena de prisión de tres a seis meses ou con multa de 12 a 24 meses ou con traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

SUPOSTO SEGURO FALSIFICADO

Por outra banda, sobre as 19,55 horas do pasado 24 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectou a “circulación irregular”, indican as mesmas fontes municipais, dun vehículo pola Avenida de Ramón Ferreiro, polo que o parou e solicitou a documentación do vehículo ao condutor.

O individuo presentou un certificado de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA) que non “daba fiabilidade” aos axentes ao ter unha vixencia ata o mes de xullo de 2022, non corresponder o tomador e propietario co condutor, polo que se comprobou a través da base de datos da Dirección Xeral de Tráfico que o vehículo carece de seguro obrigatorio.

Ademais, os axentes puxéronse en contacto coa compañía de seguros que figura no documento entregado polo condutor, que manifestou que o vehículo carece de seguro desde o 13 de xullo.

Por iso, iniciouse expediente sancionador pola carencia do seguro e instruíronse dilixencias por se estes feitos poden ser constitutivos dun delito de falsificación en documento. Ademais, a Policía Local procedeu á inmovilización do vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...