InicioLugo e contornaLugoReaberto o caso do crime Cash Record: "Pode ser un momento decisivo...

Reaberto o caso do crime Cash Record: “Pode ser un momento decisivo do proceso”

O avogado das familias do crime do Ceao ve a declaración do investigado "necesaria" para sinalar xuízo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O avogado das familias do dobre crime do Cash Record do Ceao, Gerardo Pardo de Vera, ve na declaración do único investigado o próximo 13 de xullo “unha premisa necesaria” para sinalar “un hipotético xuízo oral” máis de 27 anos despois.

En concreto, o Xulgado de Primeira Instancia número uno de Lugo ditou o pasado 30 de xuño un auto polo que se chama a declarar ao principal sospeitoso para as familias, un camareiro e dono dun local no centro da cidade que agora reside en Burgos, e que pon hora ao crime, ocorrido o 30 de abril de 1994 “a partir das 19,52” da tarde.

Os cadáveres das dúas vítimas, a caixeira Elena López e o repoñedor Esteban Carballedo, presentaban varios disparos de pistola cando foron localizados pola irmá dela, ao fío das 20,00 da tarde dese mesmo día.

O avogado das familias sostén que a declaración do home o próximo día 13 pode “ser un momento definitivo do proceso”. Despois de idas e vindas na investigación, agora diríxense as sospeitas sobre a persoa que sempre identificaran as familias como o posible autor do dobre crime.

Neste contexto, Pardo de Vera advertiu que “agora a cuestión é avaliar a base probatoria para ditar as correspondentes resolucións xudiciais“. “Durante este tempo foise practicando dilixencias que pedimos reiteradamente e unha vez todas esas liñas conducían á mesma persoa, a xuíza entendeu que era suficiente para emitir este auto”, explicou.

Pasaron 27 anos desde que se cometeu este dobre crime e o avogado lucense manifesta que leu “que é o caso máis antigo aberto en España“. “Non o sei con certeza, pero imaxínome que si”, subliñou.

Pardo de Vera confesa que están “expectantes” ante esa declaración, programada para o 13 de xullo ás 10,30 da mañá, e interpreta que “vai responder a todas as preguntas que se lle fagan, tanto desde a Fiscalía, como desta acusación particular, como do seu defensa”. “Imos ver que contido ten esa declaración indagatoria e a partir de aí haberá que sopesar os seguintes pasos no proceso”, agrega.

En último termo será a Audiencia Provincial a que teña a última palabra sobre se se abre ou non xuízo oral: “Para nós sería unha satisfacción enorme”. Ademais, Pardo de Vera recoñece que lle sorprendeu “este último auto sobre un suceso que estivo a piques de prescribir de non mediar a presión das familias para que non se pechase o caso”.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...