InicioSucesosDetido por agredir a un axente cando gritaba e ameazaba a xente...

Detido por agredir a un axente cando gritaba e ameazaba a xente na rúa en Lugo

O home acode borracho a casa da súa ex parella onde sempre monta escándalo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home que tentou agredir a un efectivo deste corpo cando gritaba e ameazaba aos transeúntes na rúa.

Segundo relatou a Policía Local, os feitos sucederon sobre as 23,15 horas do pasado sábado, 19 de xuño, cando unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou na rúa Saúde a un home co torso espido, sen camiseta, que gritaba e ameazaba aos transeúntes.

Ao tratar de falar con el para saber que sucedía, de maneira súbita abalanzouse sobre un dos axentes e tentou propinarlle unha patada, polo que foi inmobilizado e detido por atentado a axentes da autoridade.

Inicialmente foi trasladado a un centro médico para a súa valoración, onde se puido saber, indican as mesmas fontes policiais, que o detido tivera unha relación sentimental cunha persoa e, cada vez que se embriaga, “regresa ao lugar onde esta persoa vive e empeza a increpala, montando escándalo“.

O detido en relación con estes feitos foi trasladado a dependencias policiais, onde se han instruídos dilixencias para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...