InicioLugo e contornaLugoUn vilalbés multicampeón de loita adestra á Policía en Lugo

Un vilalbés multicampeón de loita adestra á Policía en Lugo

José Cuba, que acaba de conseguir o seu último título en Murcia, impartiu un curso sobre diferentes entradas en inmobles durante unha operación policial

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vilalbés José Cuba, policía nacional adscrito á Comisaría Provincial de Lugo,  acaba de conseguir a súa decimoséptimo título de Campión de España de Loita. E foi el mesmo o encargado de impartir aos seus compañeiros, xunto cun especialista do Centro de Altos Estudos (CAE) do Corpo Nacional de Policía, un curso sobre como responder a diferentes situacións de entrada en inmobles.

Nun comunicado, a Comisaría Provincial lembra que Cuba é “o loitador español con máis títulos nacionais a nivel absoluto, dominando a categoría dos pesos pesados case de maneira continua nos últimos 20 anos” e, “lonxe de pensar no retiro, cos seu corenta anos, conta con permanecer na competición mentres poida manter a forma física e compaxinar os adestramentos coa súa profesión de Policía Nacional”.

A Comisaría provincial destaca que a súa “implicación” permitiu que se impartise este mes un curso para que quince funcionarios do Corpo Nacional de Policía se adestren en diversas técnicas para acceder a inmobles no transcurso de operacións policiais.

“Trátase do primeiro curso deste tipo que se realiza na provincia e o primeiro descentralizado que realiza o CAE desde que comezou a pandemia de COVID-19”, aclara a Policía Nacional nun comunicado, quen tamén precisa que o seu desenvolvemento foi posible a través “dun convenio coa Deputación de Lugo”, que cedeu as instalacións para esta actividade de formación.

ÚLTIMAS

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...