InicioLugo e contornaLugoJosé Tomé reivindica o modelo de residencias da Deputación por ser "pequenas"...

José Tomé reivindica o modelo de residencias da Deputación por ser “pequenas” e “integradas nos pobos”

O presidente provincial participa na inauguración dunhas xornadas interxeneracionales organizadas pola USC en Xermade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, reivindicou o modelo de residencias da institución provincial, que consiste en centros “pequenos”, que están “integrados nos pobos” e “que pon no centro ás persoas, o seu coidado, a súa dignidade e tamén o seu saber e a súa experiencia”.

Así o destacou este sábado durante a apertura das XVI ‘Xornadas Interxeneracionais Rurais. Aprendendo cos Nosos Maiores na Casa-Escola de Cabreiros’, un evento celebrado no municipio de Xermade e organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no que Tomei valorou o potencial do rural para “xerar iniciativas de interese académico”.

“Despois de 15 anos de andaina, Xermade recupera unha cita de referencia no fomento da convivencia e no intercambio de experiencias entre os maiores e os máis novos”, celebrou o presidente da Deputación.

Para Tomei, a convivencia interxeneracional que aborda esta xornada “é un elemento indispensable no deseño de políticas públicas centradas no benestar das persoas“, como é o caso da rede provincial de residencias. “Máis aínda nunha sociedade de forte carga rural como a nosa: a da provincia de Lugo e a do conxunto de Galicia”, agregou.

No acto tamén estiveron o alcalde da localidade e responsable de Participación Cidadá da Deputación, Roberto García Pernas, así como o presidente da Asociación Veciñal de Cabreiros, Xosé Manuel Felpeto, e o profesor da USC Xesús Rodríguez.

Ademais, no transcurso desta xornada presentouse o libro ‘Cabreiros, 15 anos de dinamización comunitaria. Olladas e recursos interxeneracionais non rural’, no que se recolle unha memoria dos temas abordados no tempo que leva celebrándose esta iniciativa.

OBRAS EN ESTRADAS

Por outra banda, o presidente da Deputación de Lugo tamén visitou este sábado as obras de mellora que a institución acomete na estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no concello do Saviñao.

A intervención conta cun investimento de máis de 400.000 euros que permitirá actuar sobre 8 quilómetros, entre os traballos que xa están en marcha e os que están en proceso de licitación.

Durante a súa visita, José Tomé subliñou que a habilitación rede de estradas provinciais “é unha das liñas de actuación prioritarias” do seu goberno, á que dedica “16 millóns de euros neste ano”.

“A mobilidade é un dereito máis da cidadanía e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial e, por tanto, para fixar poboación no rural”, manifestou o presidente.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...