InicioLugo e contornaLugoLugo, un modelo de respecto do medio ambiente único en Galicia que...

Lugo, un modelo de respecto do medio ambiente único en Galicia que interesa no exterior

É a única cidade galega que explicará o seu modelo sostible en CONAMA. Lara Méndez avanzará neste foro os pasos que estivo a dar nos últimos seis anos para transformar Lugo fronte á emerxencia climática.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo é a única cidade galega seleccionada para explicar o seu modelo sostible no XV Congreso Nacional de Medio Ambiente, que organiza en Madrid a fundación Conama e que está considerado o maior encontro ambiental do país. No mesmo participarán 1.200 expertos de toda España que analizarán cara onde debe ir a recuperación da pandemia.

A alcaldesa, Lara Méndez exporá o luns pola tarde, na mesa de ‘Proxectos e estratexias de renovación urbana en cidades españolas”, a transformación na que se está a traballar en Lugo na loita contra o cambio climático desde un urbanismo respectuoso e sen impacto ambiental. A rexedora, trala súa exposición, compartirá debate cos concellos de Barcelona, Madrid e Salamanca.

Esta é a primeira vez que Lugo ten presenza neste foro, “recoñecemento que reforza o noso modelo de cidade, o que é un motivo de orgullo para o municipio”, indicou a alcaldesa nun comunicado. “Suporá, ademais, un novo impulso para proxectar a marca sostible de Lugo e, polo tanto, unha enorme oportunidade de difusión fóra de Galicia que nos permitirá atraer empresas á cidade vinculadas coa economía verde”, engadiu.

Lara Méndez avanzará neste foro os pasos que estivo a dar nos últimos seis anos para transformar Lugo fronte á emerxencia climática, non só a través do LIFE traballando nun urbanismo sostible a través da madeira de Galicia como elemento construtivo en prol de acadar tecidos urbanos resilientes, neutros en carbono e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático, senón tamén cos cambios que suporá o DUSI na relación da cidade co Miño, co fin de mellorar a mobilidade e a accesibilidade cara a contorna fluvial protexendo, ao mesmo tempo, o barrio do Carme”.

Por iso, a alcaldesa tamén avanzará en Madrid a Estratexia Lugo Transforma, que se puxo en marcha co fin de mobilizar o maior investimento económico da nosa historia con recursos propios, 12 millóns de euros, para atraer novos investimentos e crear postos de traballo, “axudando así a diversificar os sectores produtivos, agora excesivamente dependentes só do sector servizos”.

O congreso, que se celebra baixo o lema ‘A recuperación que queremos’, desenvolverase en Madrid desde o 31 de maio ata o 3 de xuño, e Lugo participará na primeira xornada. Este foro organízase cada dous anos e, aínda que estaba programado en novembro de 2020, dada a incerteza xerada pola pandemia, a organización decidiu pospoñelo para as datas actuais.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...