InicioLugo e contornaLugoA USC, único socio internacional dun programa europeo para a conservación das...

A USC, único socio internacional dun programa europeo para a conservación das turbeiras

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural participa no Life IP-PAF Wild Atlantic Nature, unha iniciativa liderada polo Goberno de Irlanda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do Campus de Lugo da USC traballa a prol da conservación e da restauración ecolóxica das turbeiras de cobertor na rexión atlántica ao abeiro do Life IP-PAF Wild Atlantic Nature, un programa europeo liderado polo Goberno de Irlanda e dotado cun orzamento de 20,6 millóns de euros, financiados nun 60% con fondos europeos, no que a USC participa como único socio internacional.

A recuperación, conservación e restauración ecolóxica das turbeiras de cobertor, un dos tipos de hábitats máis ameazados da Unión Europea, capitaliza os obxectivos do Life IP-PAF Wild Atlantic Nature. Así, os traballos, que comezan este mes de maio, prolongaranse ata finais de 2028, segundo indicou o director do Ibader da USC.

O profesor Pablo Ramil Rego explica asemade que ao valor ambiental e cultural destes ecosistemas entre as vantaxes das turbeiras de cobertor tamén está a súa capacitade para captar e almacenar carbono en longos períodos. Desta forma teñen un papel fundamental para mitigar os efectos do cambio climático. Porén, están fortemente ameazadas pola acción humana, debido ás modificacións que se realizan nelas.

+ posts

ÚLTIMAS

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...