InicioSociedadeDous de cada tres concellos de Lugo encadean unha semana sen novos...

Dous de cada tres concellos de Lugo encadean unha semana sen novos contaxios

As cifras, con todo, son peores que as de hai sete días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica de Galicia con respecto á pandemia da covid-19 continúa nunha situación similar ao comezo da Semana Santa, cando menos de acordo cos datos da Consellería de Sanidade. E é que, do total de 313 de concellos que compoñen a Comunidade galega, 187 leva unha semana sen computar novos positivos por coronavirus.

Nesta panorámica, con todo, debe ser tida en conta a baixada de probas diagnósticas do Sergas; problemática que podería provocar unha distorsión da auténtica marcha da pandemia, mostrando uns datos máis positivos pero que, en en realidade, non se corresponderían coa evolución do virus en Galicia.

LUGO EMPEORA

En calquera caso, os datos oficiais indican que 59,7% dos municipios acumulan sete días libres de covid-19, de acordo cos datos feitos públicos este sábado pola Consellería de Sanidade. No entanto, esta porcentaxe de concellos sen casos é lixeiramente inferior ao do sábado da semana pasada, cando eran un total de 190, o 60,7% –un punto máis–. Na provincia de Lugo, os concellos libres do coronavirus na última semana son 45 de 67, o 67,2%. Este empeoramento coincide cos datos da cidade, que na última semana rexistrou 26 positivos; cifra que leva os lucenses a entrar na franxa de incidencia entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes no últimos sete días.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...