InicioCulturaPiden que o busto de Juan Montes pase á praza Santo Domingo

Piden que o busto de Juan Montes pase á praza Santo Domingo

A asociación Lugo Monumental defende que a efixie do "músico máis insigne de Lugo" pase a un lugar transitado e significativo da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mundo da cultura lucense mobilízase para trasladar o busto de Juan Montes á Praza de Santo Domingo. A proposta é defendida pola Asociación Lugo Monumental, o colectivo Orfeón Juan Montes e diversas entidades deste eido. O músico, cualificado polos promotores do cambio coma o máis insigne de Lugo, e un dos máis importantes de España no século XIX, conta cunha escultura no parque de San Roque.

“Dicir que Juan Montes é, xunto con Gustavo Freire, un dos músicos máis importantes da historia de Lugo é quedarse moi curto”, defenden en Lugo Monumental. Dende a asociación lembran que, amais do seu traballo no Círculo das Artes coma pianista, foi o primeiro director da Banda Municipal da cidade, organizada en abril de 1876, e que iniciouse coa intención de compaxinar esta actividade coa escola de música. De aí pasaría ao Orfeón Lucense, creado o 15 de maio de 1879. E tamén foi organista na Catedral e tivo unha intensa actividade docente privada na capital da provincia.

Praza de Santo Domingo, co busto de Juan Montes | Rafael J. Pérez de Vega
Praza de Santo Domingo, co busto de Juan Montes | Rafael J. Pérez de Vega

O busto realizado por Eugenio Duque está actualmente nos xardíns de San Roque, mais existen referencias da placa na Praza de Santo Domingo, onde estaba a súa casa, e onde orixinalmente estivo a efixie de Juan Montes. Para os colectivos da cultura, a homenaxe ao músico sería completa de trasladar a figura de novo á localización da súa vivenda, nun lugar de relevancia pública.

“Entendemos que unha das ubicacións máis acertadas podería ser o pequeno parterre que hai na parte superior da praza, no seu encontro con San Marcos”. Este emprazamento é un no peonil polo que transita moita xente, o que lle daría importante visibilidade. “Por suposto habería que revisar o mobiliario urbano no punto, pois hai elementos que estorbarían a visión”, coma o contenedor de pilas, o buzón ou a sinalización viaria.

Para encher o oco que deixaría en San Roque, estes grupos propoñen que alí sexa ubicado algún elemento ornamental en substitución do busto. Entre as ideas baralladas, unha escultura en referencia do Arde Lucus ou algunha das pezas conservadas nos almacéns municipais.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...